Catro feridos en dous accidentes múltiples en Vigo

Catro persoas resultaron feridas en dous accidentes múltiples rexistrados nas últimas horas en Vigo, informaron fontes do 112.

Ao redor das 15.30 horas, un particular contactou co 112 de Galicia para alertar dun choque entre tres turismos na AP-9, entre as rúas Lepanto e García Barbón.

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron a dúas persoas feridas, unha delas aparvada, a centros hospitalarios de referencia.

Media hora máis tarde, outro choque con outros tres turismos implicados saldouse con dúas persoas feridas de carácter leve.

Esta vez, o accidente produciuse na A-55, á altura do seminario, en dirección a Vigo.

Comentarios