Cuadrado ingresou onte á noite no cárcere de Bonxe

Ás oito e media da noite de onte finalizaba a declaración xudicial de José Ángel Cuadrado, que foi trasladado ao cárcere de Bonxe, onde pasou a súa primeira noite. Aplicóuselle o protocolo especial para presos con risco de autolesionarse ou suicidarse, polo que quedou no módulo de ingresos e baixo vixilancia especial.

Ao construtor de San Cibrao impútanselle inicialmente dous delitos de asasinato, aos que posiblemente se lles sumará logo o agravante de parentesco ao considerarse violencia de xénero. Se mantén a súa declaración posiblemente tamén se aplicarán outros agravantes, como a premeditación ou o ensañamento.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios