Críticas ao galego Miguel Vilas por buscar "ventre de aluguer" en Twitter

O exconcursante de GH17 anunciou que quere ser pai: "Busco moza, nova, alta e con estudos para xestación subrogada"

Un comentario en Twitter do grovense Miguel Vilas, concursante de Gran Hermano 17, levantou un enorme rebumbio nas redes sociais. O galego anunciou que quería ser pai. Pero fíxoo dunha forma un tanto polémica e ademais tocando un dos temas que máis controversia está a xerar nos últimos meses: os ventres de aluguer.

O seu tuit ("Quero ser pai! Busco moza nova, alta e con estudos para xestación subrogada! Se estás interesada manda email") non tardou en recibir centos de respostas que, na súa maioría, lle afeaban que tratase ás mulleres como obxectos aos que comprar ou que falase de ter un neno coma se de "comprar unha barra de pan" se tratase. Aquí están algunhas das críticas aparecidas nas redes sociais. 

Comentarios