Cristiano Ronaldo, elixido mellor xogador de Europa na tempada 2015-2016

Cristiano Ronaldo
photo_camera Cristiano Ronaldo

O dianteiro do Real Madrid Cristiano Ronaldo foi elixido mellor xogador da Uefa na tempada 2015-2016.

Cristiano, gañador da liga de Campións co Real Madrid e da Eurocopa coa selección portuguesa, logrou 40 votos, fronte aos 8 que obtivo o dianteiro francés do Atlético de Madrid Antoine Griezmann e os 7 de Gareth Bale, nunha votación feita entre 55 xornalistas (un por cada asociación da Uefa).

"Estou moi feliz. Non sería xusto que non mencionase a estes dous grandes xogadores (Bale e Griezmann) que estiveron incribles o ano pasado", dixo tras recoller o trofeo de mans de Ángel María Villar, presidente da Federación Española de Fútbol, vicepresidente primeiro da Uefa e un dos tres candidatos a presidir o fútbol europeo nas eleccións do próximo 14 de setembro.

"De neno, o meu soño era ser xogador de fútbol e os soños convértense en realidade", engadiu ao responder unha pregunta enviada por un internauta. Previamente, o dianteiro destacou que foi "un ano impresionante, especial. Moi importante para Portugal e, para o Madrid, de novo". "Agradezo aos meus compañeiros polos éxitos", dixo o atacante.

Comentarios