Costas expón un espigón en plena praia de Covas para frear a súa deterioración

Los vecinos se ven impotentes si se repiten olas como las del pasado invierno. EP
photo_camera Los vecinos se ven impotentes si se repiten olas como las del pasado invierno. EP

Os cambios que experimenta a praia de Covas pola introdución dos espigóns poderían ter solución, por paradoxal que pareza, coa construción dun máis en pleno areal, segundo expuxo onte aos portavoces de Viveiro o xefe do servizo provincial de Costas, José Miguel Estevan Dolls. Esta medida cortaría o arrastre de area da zona dos Castelos ata o outro extremo da praia, pero non está claro ata que punto mitigará os efectos de temporais como os que o inverno pasado fixeron chegar o mar ata as vivendas, máis aló do paseo marítimo. En todo caso non é unha medida a curto prazo e é necesario facer previamente un estudo complexo e custoso sobre a súa idoneidade.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios