Cosmos negociará cos sindicatos un novo Erte na fábrica de Oural para 2015

A empresa Cementos Cosmos negociará cos sindicatos un novo expediente de regulación temporal de emprego na fábrica de Oural para 2015. Será o segundo Erte que sufra a planta, pois a finais do pasado ano aprobouse outro que está en vigor ata o próximo 31 de decembro.

A firma prevé este novo Erte ante a actual situación do sector, que presenta unha baixa demanda, sinalaron fontes da empresa. As conversacións cos representantes dos traballadores comezarán antes de que termine este ano co fin de negociar as condicións do expediente.

O persoal de Oural non chega aos vinte operarios tras a aplicación do expediente de regulación de emprego (Ere) e o Erte aprobado en 2013. Este último fixou cinco extincións de contrato, que foron voluntarias e tiveron as mesmas condicións do Ere.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios