domingo. 05.12.2021 |
El tiempo
domingo. 05.12.2021
El tiempo

Cortado o tráfico da autovía AG-56 debido ao fume dun incendio

Efectivos da agrupación de Tráfico da Garda Civil da Coruña víronse obrigados a cortar a tarde deste luns á circulación un tramo duns cinco quilómetros da autovía AG-56 en sentido a Santiago de Compostela, por mor dos problemas de visibilidade xerados por un incendio forestal que rexistra nestes momentos na parroquia dos Ánxeles, no municipio coruñés de Brión.

Así, pasadas as cinco da tarde, procedeuse ao corte de tráfico entre os puntos quilométricos 7 e 11 da AG-56, con motivo da redución da visibilidade, segundo informa Tráfico. Os vehículos están a ser desviados pola estrada provincial AC-543, que une Santiago de Compostela e Noia.

O incendio, en cuxa extinción están a traballar efectivos do servizo contra incendios, presenta unha elevada cortina de fume visible desde a capital compostelá e atópase próximo a vivendas.

Cortado o tráfico da autovía AG-56 debido ao fume dun incendio
comentarios