Tres persoas resultan feridas nun accidente en Cospeito

Ocorreu este luns ao mediodía na LU-111, no lugar da Millarada, e nel víronse implicados dous vehículos

Tres persoas resultaron feridas este luns nun accidente ocorrido en Cospeito. Un particular alertou ao CAE 112 Galicia, sobre as 12.00 horas, dunha colisión entre dous vehículos que circulaban pola LU-111, no lugar da Millarada.

O alertante asegurou que tres persoas necesitaban asistencia sanitaria. Por iso, desde o 112 Galicia pasouse aviso a Urxencias Médicas e á Garda Civil de Tráfico que xa tiña constancia do accidente.

Dúas das feridas son unha muller de 71 anos, con iniciais M.C.V.C, e outra de 40, M.C.V. 

ACCIDENTE EN COTOBADE. Case á mesma hora, os servizos sanitarios de urxencia informaban ao CAE 112 Galicia doutro accidente no municipio pontevedrés de Cotobade. Neste caso, tamén se tratou dunha colisión entre dous turismos, e outras tres persoas resultaron feridas. A colisión tivo lugar no cruzamento da Dorna, na N-541.

Comentarios