A provincia de Lugo, en alerta amarela por neve e ondada

A capital lucense rexistrará este xoves unha temperatura mínima de 4 graos
La cota de nieve se sitúa en los 1 metros
photo_camera La cota de nieve se sitúa en los 1.200 metros

Un total de once provincias terán activado este xoves avisos por choivas, nevadas ou fenómenos costeiros, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), que espera precipitacións localmente fortes ou persistentes no oeste de Galicia. 

Así, o risco por nevadas afectará a Lugo e Ourense, mentres as choivas terán en situación de risco á provincia da Coruña. Doutra banda, a forte ondada afectará con aviso amarelo a Pontevedra, A Coruña e Lugo.

En canto ás temperaturas, persiste o aire frío sobre a comunidade nunha xornada de moita inestabilidade atmosférica. Así, os ceos estarán cubertos con choivas xeneralizadas máis intensas no litoral, onde poderán ter carácter tormentoso. 

A cota de neve situarase ao redor dos 1.200 metros e baixará ata os 1.000 metros

Co avance da tarde as choivas irán remitindo polo norte. A cota de neve situarase ao redor dos 1.200 metros pola mañá baixando a 1.000 metros pola tarde.

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. O vento soprará forte do oeste durante a mañá, tendendo a rolar a norte e este a medida que avance a tarde, moderados, con intervalos fortes no litoral e zonas altas.

Lugo e Pontevedra rexistrarán a temperatura mínima das cidades galegas con 4º e A Coruña a máxima con 13º. Así quedaría a estimación: A Coruña 10° 13°, Ferrol 7° 12°, Lugo 4° 7°, Ourense 4° 10°, Pontevedra 4° 12°, Santiago 5° 9° e Vigo 6° 11°.

Comentarios