Extinguido o incendio de Cervantes tras arrasar ao redor de 27 hectáreas

A chuvia axuda a sufocar os lumes en Galicia
Labores de extinción en el incendio de Cualedro
photo_camera Labores de extinción en el incendio de Cualedro

A choiva que refresca Galicia este martes axudou a gañar a batalla contra o lume. O último en quedar extinguido foi o foco rexistrado no municipio ourensán de Cualedro —onde arderon unhas 500 hectáreas—, pouco despois de que se desen por sufocados na mesma xornada os incendios forestais que castigaban os montes dos concellos ourensáns de Entrimo, Monterrei e Laza, así como o declarado no lucense de Cervantes, que se iniciou ás 23.59 horas do domingo na parroquia de Vilarello e afectou a unhas 27 hectáreas, delas 10 de arboredo. 

Segundo informou este martes a Consellería do Medio Rural, ás 18.20 horas horas quedou apagado o lume na parroquia de Xironda en Cualedro, que se iniciou ás 14.20 horas do luns e que obrigou a decretar a situación 2 pola proximidade das chamas ás casas o luns. Queimou unhas 500 hectáreas.

Ademais, ás 13.40 horas deste martes deuse por extinguido o incendio máis devastador do verán en Galicia, o declarado na parroquia da Illa, no municipio ourensán de Entrimo, onde arderon 2.999,5 hectáreas, das que 1.300 son arboredos.

Na mesma xornada tamén quedaron sufocados os focos rexistrados nas parroquias de Castro de Laza e Camba no municipio ourensán de Laza, así como os lumes da parroquia de Vilarello en Cervantes (Lugo) e de Rebordondo en Monterrei (Ourense).

OUTROS EXTINGUIDOS. Con anterioridade, a Consellería do Medio Rural informara xa de que quedara apagado, á 1.50 horas deste martes, o incendio rexistrado no municipio de Sandiás (Ourense) tras queimar unhas cinco hectáreas, dúas delas de arboredo. 

Ás 4.46 horas deuse tamén por extinguido o lume que comezou ás 16.00 horas do luns na parroquia de Boadela a Pinta en Xunqueira de Ambía (Ourense), onde resultaron queimadas unhas 80 hectáreas, 20 delas de arboredo. 

Tamén se deu por sufocado ás 8.44 horas deste martes o incendio forestal declarado ás 20,46 horas do luns na parroquia de Reigada de Manzaneda, que afectou a 25 hectáreas de monte raso.

Comentarios