Convocados senllos cursos de fotografía dixital en Monforte e Bóveda

Os veciños de Monforte e Bóveda poderán participar en senllos cursos de fotografía dixital que impartirá o especialista nesta disciplina Jesús Rodríguez Montero.

Na cidade do Cabe, a presentación das clases terá lugar o día 2 do próximo mes de novembro, ás oito da tarde, na casa da cultura. As prazas son limitadas e o custo de asistencia foi fixado en 25 euros.

Os ensinos, que versarán sobre cámaras compactas e reflex SLR-D, terán unha duración de 24 horas divididas en dous días á semana, en horario de oito a dez da tarde. A actividade conta coa a colaboración da concellaría de cultura monfortina dentro do seu programa Outono Fotográfico.

No caso de Bóveda, a actividade terá unha duración de 15 horas e desenvolverase os venres, entre as seis e as sete e media da tarde, na casa da cultura.

Segundo o Concello, o curso está especialmente dirixido á mocidade, en concreto aos maiores de dezaseis anos.

Os interesados poden matricularse na casa consistorial.

Comentarios