Controlado un incendio forestal que arrasou 35 hectáreas en Quiroga

Un incendio forestal que permaneceu activo ao redor de dez horas quedou controlado tras arrasar 35 hectáreas no municipio lucense de Quiroga, na parroquia da Seara.
 
O lume comezou ás 10:35 horas. Segundo informou a Xunta, quedou controlado sobre as 20,05 horas tras afectar a unha superficie dunhas 35 hectáreas de terreo en Rede Natura, a maioría de monte raso. Para sufocar as chamas traballaron 3 axentes forestais, 9 brigadas, 4 motobombas, 1 pa e 3 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural e do Mar recordou que está a disposición da cidadanía a través do número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún incendio forestal.

Comentarios