Controlado un incendio forestal en Bande tras calcinar 430 hectáreas de monte arborado

Os efectivos antiincendios da Consellería do Medio Rural dan por controlado o incendio forestal declarado este venres ao mediodía no municipio ourensán de Bande, que leva calcinadas 430 hectáreas de bosque. Sete avións, cinco helicópteros, 14 brigadas, nove motobombas e tres pas continúan traballando na parroquia de San Pedro para extinguir por completo as chamas, con axuda de oito axentes forestais e un técnico. O lume, baixo control desde as 22.00 horas deste venres, quedou 330 hectáreas de monte raso e 100 de arboledo, segundo as primeiras estimacións do departamento autonómico.

Sobre esa hora quedaban extinguidos os incendios declarados tamén onte na localidade ourensá de Cualedro e en Moeche (A Coruña). Na primeira, as chamas afectaron a 57 hectáreas de arboledo na parroquia de Baldriz entre as dúas da tarde e as dez da noite. Nos traballos participaron cinco avións, catro helicópteros, dúas motobombas, cinco brigadas e outros tantos axentes forestais.

Mentres, en Moeche os efectivos actuaron sobre unha superficie de 43 hectáreas de monte con árbores na parroquia de San Xurxo. O lume comezou ás 16.14 horas e quedo extinguido cinco horas e media máis tarde, grazas ao traballo de catro brigadas con cinco motobombas.

Comentarios