Control antidoping sopresa ao Dépor antes de viaxar a Madrid

O persoal do Deportivo tivo que someterse a un control antidopaxe por sorpresa xusto antes de viaxar a Madrid, onde mañá, domingo, enfrontarase ao Atlético de Madrid.

A visita dos médicos da axencia española antidopaxe causou certo malestar entre os xogadores do equipo coruñés polo día escollido, xusto a véspera dun partido que implica, ademais, desprazamento.

"Tivemos antidoping de sorpresa e é unha pequena puñeta. Por sorte a min non me tocou", indicou o lateral Juanfran Moreno aos xornalistas.

Os xogadores que tiveron que pasar o control son o porteiro Fabricio Agosto, os centrocampistas Juan Domínguez e Álex Bergantiños, o dianteiro portugués Hélder Postiga e o central Alberto Lopo, quen non pode xogar no Vicente Calderón por sanción.

Postiga e Fabricio puideron facer o control a tempo para poder desprazarse co resto do equipo en autobús ao aeroporto de Alvedro, onde o persoal xantou antes de subir ao avión, mentres que Álex Bergantiños e Juan Domínguez tiveron que ser trasladados á terminal por un dos utileros do equipo.

Comentarios