Contrastes económicos

WARREN Buffett, considerada a terceira persoa con máis cartos do mundo, entende que se lle suban os impostos aos máis ricos, algo que contrasta coa postura de Gerard Depardieu, que polo mesmo renegou do seu país, Francia, para converterse en ruso da noite para a mañá pola graceta de Putin de outorgarlle a nacionalidade. Nesta época na que o peso das reformas recae sobre os asalariados (persoal público sen extra, máis pagos en sanidade, custe de despido máis barato), os máis acaudalados aumentaron de xeito considerable o seu capital, e para mostra o presidente de Inditex. E máis contrastes, mentres miles de familias desesperadas están pendentes de que se prorrogue a axuda estatal de 400 euros para subsistir, outros rexeitan a mesma cantidade concedida por outro concepto por unha institución por considerala un insulto, cando realmente desprezala é unha falta de respecto.

Comentarios