Contra o frío, a diversión

Actuación de París de Noia en la discoteca Nova Exágono (Foto: Pepe Tejero)
photo_camera Actuación de París de Noia en la discoteca Nova Exágono (Foto: Pepe Tejero)

Os LUCENSES buscaron onte na diversión e o entretemento un refuxio contra o frío. E máis tendo en conta que ese entretemento era a resgardo, o que non é pouco nos días xeados que se están sucedendo.

Por fortuna, onte non faltaron as opcións. Durante todo o día, a Praza de Abastos albergou a III Feira de Outono, na que os visitantes puideron atopar artesanía e produtos da terra. Máis de corenta postos completaban unha variada oferta neste mercado organizado polo Concello de Lugo, que se poderá visitar tamén hoxe de 10.00 a 14.00 horas.

Panorama e París de Noia para un aniversario de luxo

Xa pola noite, os lucenses tiñan unha cita coas que están consideradas como as dúas mellores orquestras de Galicia e que se contan entre as mellores de España, Panorama e París de Noia. Ambas montaron os seus espectáculos na discoteca Nova Exágono, que celebrou deste xeito o noveno aniversario da súa reapertura ao público. Era a guinda a unha celebración que se iniciou xa o venres, coa presenza de Gran Parada, Claxxon e Lys Pardo.

Xuvenlugo, a mellor opción para os máis novos

Tampouco desperdiciaron os lucenses a oportunidade de visitar a feira do entretemento Xuvenlugo, que estará ata o final do nadal no Pazo de Feiras. Todo tipo de atraccións de feira, talleres de manualidades para os máis pequenos e ata unha pista de kárting conforman a súa oferta. Para quen aínda non vaian, os organizadores previron unha xornada con entrada gratuíta o vindeiro venres.

Comentarios