Contador: "Este tipo de etapas son das que crean afección"

O español protagonizou o ataque que deixou atrás a Froome na etapa deste domingo
Alberto Contador se sube al podio de la etapa de este domingo
photo_camera Alberto Contador se sube al podio de la etapa de este domingo

O español Alberto Contador, gran protagonista na etapa deste domingo na Vuelta 2016, na que provocou a escapada na que o colombiano Nairo Quintana deu un golpe de autoridade na carreira, cre que "este tipo de etapas son das que crean afección".

"O bonito no ciclismo é que rompa o guión. O de onte (no ascenso ao Aubisque) non me gustou, porque atacaba todo o mundo sen moita forza e a min non me deixaron. E hoxe saín a lume de biqueira, sen mirar atrás, sen saber quen ía detrás. A lume de biqueira desde principio a fin", dixo o líder do Tinkoff.

Contador cre que o deste domingo "foi un gran resultado", aínda que ao final non poida disputar a vitoria porque "ía xusto" e dar cambras". "Aínda así, estou satisfeito. O espectáculo foi moi bonito, dos que crean afección e hoxe durmirei mellor que onte", dixo.

Sobre o desenvolvemento da etapa, considerou que foron os seus compañeiros de equipo Ivan Rovny e Yuri Trofimov os que deron "vida á escapada" e que, incluso, el mesmo igual estea "na primeira hora ou hora e media quizais sexa demasiado xeneroso".

O ciclista español lamentou que este ano, a pesar de verse ás veces en forma, as cousas non lle foron como esperaba. "Este ano tiven grandes prestacións, pero se me foi a París-Niza por catro segundos, a Volta a Cataluña por sete e no Tour tívenme que baixar da bici ... no Tour e na Vuelta sempre fun a contrapé", apuntou.

Quizais sexa por iso polo que, segundo confesou, este "pensando xa un pouco no ano que vén".

Comentarios