Construcións Mon presenta o luns un Ere para 26 dos seus traballadores

Construcciones Mon, en Burela (Foto: José Mª Álvez (ama))
photo_camera Construcciones Mon, en Burela (Foto: José Mª Álvez (ama))

O presidente do grupo Mon, Manuel Mon, confirmou onte que o vindeiro luns presentará un Expediente de Regulación de Emprego (Ere), que implica a extinción de contratos e que afectará a 26 dos seus 65 traballadores nas delegacións que ten en Asturias, Vigo, A Coruña, Lugo e Burela. No caso das sucursais asturiana e viguesa suporá o peche das oficinas.

Mon confirmou a noticia despois do encontro que mantiveron onte pola mañá representantes da empresa e sindicais co fin de presentar a documentación justificativa do expediente. «Esta decisión era inevitable tomala, porque hai que facer axustes co fin de que a empresa siga sendo viable», explicou o presidente, que engadiu que «é preciso adaptarse á realidade e esa é que cada vez hai menos obra e a financión é moi complicada».

O empresario burelense incidiu en que a súa idea é «loitar para darlle viabilidade á empresa debido á delicada situación económica que se está a atravesar», «A obra pública está moi parada e a privada, que é dá que na actualidade temos un maior volume, tamén estase vendo resentida polo falla de axuda financieira».

Ante esta situación, o grupo tivo que tomar esta determinación que xa leva barallando desde principios do mes de decembro, co fin de afrontar este ano, «que parece vai ser moi complicado» do mellor xeito posible.

Alarma

Era xa en novembro cando saltaban as alarmas sobre a situación económica dunha das empresas máis importantes e emblemáticas da comarca ao anunciarse que entraba en concurso de acredores polo xulgado mercantil de Lugo, debido a que as súas cinco sociedades -Grupo Galego Mon, Agalia, Grupo Inmobiliario Alveal e Leo Minor- acumulan un pasivo que rolda os 58 millóns de euros.

Conflitos

Mon súmase así a Mobles Hermida, outra das empresas máis emblemáticas da comarca, e que xa ten aprobado un Ere extintivo para 75 dos seus traballadores. Xunto a ambas, a economía comarcal ten que afrontar o peche de Aglomerados Ecar en Mondoñedo, cuxa dirección presentará o venres o Ere extintivo. Neste caso, os sindicatos seguen traballando para evitar este desenlace.

Comentarios