Condenado un mozo por agredir a outro na súa vivenda de Saavedra

O xulgado do Penal número 1 da capital lucense impuxo onte unha pena de seis meses de prisión -que lle serán substituídos por unha multa de 1.800 euros- a un mozo con iniciais J.C.F., acusado de agredir a outro mozo na súa vivenda da parroquia de Saavedra, no municipio de Begonte.

Os feitos ocorreron sobre as once e media da noite do 2 de maio de 2007, cando o acusado, en compañía doutros amigos, acudiu ao domicilio dun mozo e propinoulle varias puñadas na cara e unha patada no estómago. Outro mozo que se meteu no medio para separalos tamén recibiu varios golpes na cara.

O acusado recoñeceu onte os feitos e chegou a un acordo co ministerio fiscal, que solicitaba inicialmente para el unha condena dun ano de cárcere e unha multa económica de 270 euros.

Comentarios