Condenado por arroiar a un veciño cun cuadriciclo

Un veciño do Valadouro aceptou onte unha condena de nove meses de cárcere por un delito de lesións contra outro veciño, ao que arroiou co seu cuadriciclo e lanzou a unha cuneta, nunha pista forestal da parroquia de Villacampa. Ademais, deberá indemnizar á vítima -que tamén estaba procesada, pero se retirou a acusación- con 5.567euros.

Os feitos analizados onte no xulgado do Penal número 2 de Lugo sucederon en devandita pista forestal en 2009, cando o agora condenado, J.M.A.O., iniciou unha discusión por uns cans de caza con M.S.M.T. e outro veciño. No transcurso da mesma, segundo o fiscal, J.M.A.O. insultou a ambos e chegou a ameazar a xunto deles cunha machada, dicíndolle: «Voute cortar a cabeza, voute matar, chulito». Logo, abalanzouse contra M.S.M.T. e rompeulle os lentes.

Segudamente, subiuse ao cuadriciclo que conducía e marchouse, pero tempo despois volveu pola mesma pista e atopouse con que M.S.M.T. cruzara o seu vehículo para impedirlle o paso coa intención de esperar á Garda Civil. Como queira que M.S.M.T. portaba unha vara de madeira e que lle deu con ela ao vehículo que conducía J.M.A.O., este decidiu continuar a marcha, golpeando co seu cuadriciclo ao outro, que acabou tirado nunha cuneta cunha contusión na cadeira, outra na parede torácica e un cadro de lumbociática postraumática.

En principio, a Fiscalía acusaba aos dous. Ao ferido, por unha falta de danos, solicitáballe unha multa, aínda que finalmente retirou a petición. Ao condutor do vehículo acusábao dunha falta de ameazas, outra de danos e dun delito de sesións, polo que se arriscaba a dous anos e medio de cárcere.

Comentarios