Concurso culinario

MAR1708P16F2.JPG
photo_camera MAR1708P16F2.JPG

rico, rico e con fundamento. ás tortillas que os barreirenses elaboraron para concursar no certame das festas barreirenses de San Caetano non lles faltou nin o perexil de Arguiñano. O premio máis cachondo, o que a organización do festexo concede á investigación e ao desenvolvemento, obtívoo unha feita con spaguettis, mentres que o galardón á mellor representación recaeu noutra que reproducía un bosque encantado. Os grupos Tomba e Dalle, Habelas Hainas e Os Cuchufellos animaron con folk a cita que non decaeu a pesar da ameaza de choiva.

FIN DA SEMANA NÁUTICA. O director xeral adxunto de Novacaixagalicia, Francisco Javier García de Paredes, participou na entrega de premios da Semana Náutica ribadense que tivo lugar antonte no peirao de Porcillán. Ao acto acudiu tamén o director do Parador, Antonio Graña, ademais da directiva do club que organiza a cita. Agora só resta gozar hoxe, a partir das seis da tarde, con saída fronte ao local do club, da tradicional zalea río arriba cara a Abres.

REUNIÓN FAMILIAR EN TRASBAR, CERVO. A creación dun evento en Facebook fixo posible a reunión de máis de cen persoas dunha mesma familia coas súas orixes en Barqueira, na parroquia cervense de Trasbar. O encontro supuxo que moitos familiares volvesen verse logo de anos e que outros se coñecesen. Foi unha xornada chea de emoción que os seus protagonistas xa planean repetir cada ano.

Comentarios