Conclúen as obras da ponte Carboeiro de Muimenta

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), finalizou as obras de substitución da ponte Carboeiro, situada sobre o río Pequeno ao seu paso polo núcleo de Muimenta, en Cospeito, nas que o ministerio investiu máis de 150.000 euros.
Las autoridades visitan el ampliado puente Carboeiro, que salva el río Pequeno, en Muimenta. Foto: CRISTINA PÉREZ
photo_camera Las autoridades visitan el ampliado puente Carboeiro, que salva el río Pequeno, en Muimenta. Foto: CRISTINA PÉREZ

O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, e o presidente da CHMS, Francisco Marín, comprobaron in situ o resultado das actuacións, acompañados polo alcalde da localidade, Armando Castosa, e o subdelegado do Goberno na provincia, Ramón Carballo.

Segundo informa o ministerio, o obxectivo conseguido con estas actuacións é dar solución ao problema de "escasa capacidade hidráulica" da antiga ponte, mellorando, ademais, a seguridade estrutural do mesmo nesta zona de alto valor agrogandeiro.

Os traballos consistiron na demolición da antiga ponte para executar, no seu lugar, unha nova estrutura de 12 metros de luz e 6,50 metros de anchura total de plataforma, da que 5 metros son destinados ao tráfico rodado e 1,50 metros a beirarrúa peonil, separada da calzada por unha barreira de seguridade.

As obras completáronse cos elementos de sinalización e balizamento necesarios para garantir a funcionalidade do viario en condicións de seguridade, tanto para o tráfico rodado como para os usuarios peóns.

Por outra banda, protexeuse a zona da canle con técnicas de bioingeniería, mediante a implantación dunha empalizada de rollizos de madeira, que garantirá a estabilidade do terreo fronte á erosión da auga.

Comentarios