Co violín e para o mundo

O artista Ara Malikian, nunha actuación. AMA
photo_camera O artista Ara Malikian, nunha actuación. AMA

Escoitar o particular son do violín tocado por un virtuoso. É a posibilidade que teñen os bureleses -e por ende os mariñáns- coa actuación do músico libanés Ara Malikian, o xoves 10 de xullo na casa da cultura de Burela, ás 21.00 horas.

Malikian naceu no Líbano aló por 1968, no seo dunha familia armenia. Colleu o violín dende pequeno e xa non o soltou. Malia as dificultades atopadas no camiño, tendo que vivir incluso algún tempo en refuxios antiaéreos durante a guerra civil libanesa, nunca perdeu a ilusión pola música. Deu o seu primeiro concerto aos doce anos, e aos 14 conseguiu unha beca do goberno alemán para poder adicarse enteiramente ao que verdadeiramente lle gustaba -e no que destacaba-. A partir de aí, foi sumando concertos nas mellores salas de todo o mundo, e chegou a ser concertino da orquesta sinfónica de Madrid, cidade na que reside actualmente. Moitas actuacións por todo o globo terráqueo avalan o talento e a profesionalidade deste recoñecido artista.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios