Co ritmo no corpo

Alumnos y alumnas de las clases de baile que la escuela Star Dance de Lugo imparte en el pabellón municipal de Guitiriz.
photo_camera Alumnos y alumnas de las clases de baile que la escuela Star Dance de Lugo imparte en el pabellón municipal de Guitiriz.

Un grupo de preto de 30 alumnos e alumnas do Ceip Lagostelle de Guitiriz, con idades comprendidas entre os tres e os once anos, asiste semanalmente a clases de baile, tanto clásico como moderno ou latino, impartidas expresamente para eles pola academia Star Dance no pavillón municipal.

en outubro, media ducia de valentes atrevéronse a probar sorte cunha proposta extraescolar, unha clase de baile impartida no pavillón municipal de Guitiriz por Rubén Díaz Castrillón, da academia Star Dance de Lugo. Desta, xurdiu unha exhibición do Nadal a cargo da clase de cuarto de primaria do Ceip Lagostelle e a partir de aí, o que era unha actividade minoritaria converteuse nunha experiencia compartida por preto de 30 alumnos.

Teñen entre tres e once anos e dedican tres cuartos de hora do seu tempo de lecer no recreo do comedor dos mércores a aprender a mover o seu corpo ao ritmo da música. Marcan pasos de bailes de salón, baile deportivo para competir, ritmos caribeños, como a salsa, o merengue ou a bachata; estilos modernos, como new style, hip hop, krump ou locking, e, incluso, atrevéronse coa zumba e o ballet.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios