Comité e dirección inician hoxe a negociación do Erte na fábrica de Cosmos

A dirección de Cementos Cosmos e o comité de empresa da fábrica de Oural (Sarria) inician hoxe a negociación do expediente de regulación temporal de emprego (Erte) presentado pola patronal para a totalidade dos vinte traballadores da factoría, unha medida de aplicación ata decembro do próximo ano, que deixará a fábrica sen actividade.

Esta primeira reunión celebrarase ás 11.30 horas nas instalacións da planta sarriá e contará tamén coa presenza de responsables de CIG, CC.OO. e UXT chegados desde Lugo.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios