Comezan as visitas guiadas polo Ribadeo Indiano e o comercial

O Concello pon desde o martes a disposición do turista dous percorridos gratuítos e cun guía para profundar sobre a historia da vila
Capilla de la Atalaia ribadense, del siglo XII, desde donde sale la procesión del Carmen
photo_camera Capilla de la Atalaia ribadense, del siglo XII, desde donde sale la procesión del Carmen

A concelleira ribadense de turismo, Ana Martínez, advírtelles a turistas e veciñanza da contorna que o martes comezan os percorridos gratuítos e guiados por Ribadeo, que permitirán coñecer, por unha banda, a pegada indiana, e por outra, a historia dun centro histórico declarado Ben de Interese Cultural (BIC).

"Queremos amosar, da mans de profesionais na materia, o Ribadeo máis descoñecido e innaccesible mediante itinerarios adaptados a todo tipo de públicos", remarca Martínez. O obxectivo é dar a coñecer "os grandes fitos históricos da localidade e os edificios máis emblemáticos".

As visitas dunha hora comezan este martes cun percorrido polo Ribadeo Indiano, o que permitiu o auxe da economía e da cultural local grazas ao diñeiro que chegaba de ultramar e que se reflicte na arquitectura. "O percorrido polo legado indiano terá lugar hoxe e o 25 de xullo; os días 1, 8, 15, 22 e 29 de agosto e o 5 e 12 de setembro, ás 11.30 horas", di.

O segundo dos percorridos permite descubrir o Ribadeo dos Comerciantes, a través do centro histórico: "Aquí construíron as súas casas os ricos fidalgos e comerciantes que convivían con mariñeiros e artesáns. O conxunto combina pazos urbanos brasonados con sinxelas construcións. O máximo expoñente atopámolo na Capela da Atalaia do século XII, a máis antiga da vila", avanza Martínez. Estas visitas serán os xoves 20 e 27 de xullo; os días 3, 10, 17, 24 e 31 de agosto e o 7 e o 14 de setembro ás oito da tarde. Hai que inscribirse na oficina de turismo –982.128.6890– desde onde partirán as rutas.

Comentarios