Cociña e grella de nivel

Parte del personal del recién renovado mesón Os Castros.
photo_camera Parte del personal del recién renovado mesón Os Castros.

O municipio pantonés ten grandes atractivos para visitalo en máis dunha ocasión. Os monumentos románicos e as súas ribeiras son os grandes referentes, onde as rutas son innumerables. Como todo turista ou viaxeiro, facer un alto no camiño para recompor o corpo é unha necesidade, que se pode cubrir de mil xeitos. En Pantón non vale simplemente con cargar as pilas. A súa gastronomía é outro dos seus atractivos e máis se se fala do mesón Os Castros, situado na zona alta de Ferreira, no campo da feira, ou no Castro, como lle chama moita xente da zona por ser alí onde hai vestixios do primeiro núcleo poboacional.

Os Castros está nunhas instalacións rehabilitadas polo Concello e catalogadas por Patrimonio. Xa é un bo referente para coñecelo e descubrir todo un mundo centrado na hostalería coa garantía de que á fronte do establecemento está unha persoa con catro másteres en hostalería, catadora, pastelería e coctelería. Chama a atención o bo facer de Rosa, unha cociñeira con máis dunha trintena de anos de experiencia e que en numerosas ocasións estivo á fronte de cursos de cociña galega tradicional en Madrid.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios