''Clara é sinxela e encantadora''

La actriz, con el dueño del restaurante JM de Monforte. (Foto: EP)
photo_camera La actriz, con el dueño del restaurante JM de Monforte. (Foto: EP)

a amaia de Oito ‘apelidos vascos', é dicir, Clara Lago, sorprendeu ao sur da provincia lucense cunhas vacacións de Semana Santa nas que gozou da compañía dos seus pais, residentes desde hai anos nos Chancís (Sober), pois aínda que ela naceu en Madrid, a súa nai é catalá e o seu pai ten raíces galegas.

A actriz do momento grazas á película máis taquillera da historia do cine español desde que hai rexistros -xa son máis de 6,5 millóns de espectadores os que que a viron- conseguiu, no entanto, pasar case desapercibida nesta escapada, pois só uns poucos recoñecérona.

Un deles foi Javier Arias, encargado dos Multicines Hollywood de Monforte, onde a artista acudiu (o Venres Santo) para ver, precisamente, ‘Oito apelidos vascos'.

«Viña acompañada da súa familia e cando sacaron as entradas deime conta de que era ela», contaba Arias onte. «Díxome que estaba a pasar uns días coa familia e eu contesteille que era toda unha honra recibila».

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios