A CIG convoca unha concentración nas Pontes para esixir "a recuperación dos dereitos laborais"

Máis de medio cento de persoas concentráronse na Praza de América
Concentración na Praza de América
photo_camera Concentración na Praza de América

A CIG convocou esta tarde unha concentración nas Pontes para esixir "a recuperación dos dereitos laborais" á que asistiron varias ducias de persoas. O acto está enmarcado dentro da campaña que leva desenvolvendo o sindicato dende principio de ano.

"Convocamos estes actos previos ao 1 de maio, Día Internacional da Clase Traballadora, para esixir a eliminación da reforma laboral dos distintos gobernos do PP e o PSOE, a reforma laboral, a reforma da negociación colectiva e tamén da reforma das pensións", indicou Alberto Amado no seu descurso na concentración.

"Estas reformas non xurdiron efecto para diminuír o desemprego, só para abaratar os despedimentos, precarizar as condicións de traballo, incrementar a contratación a tempo parciale os contratos a través de ETT ou empresas multiservizo", criticou, tras o que pediu "unha sociedade de acción" para "esixir a recuperación dos dereitos laborais".

A concentración convocouse ás 20.00 horas na Praza de América, máis coñecida como Praza Roxa.

Comentarios