jueves. 02.04.2020 |
El tiempo
jueves. 02.04.2020
El tiempo

As choivas achéganse a Galicia este venres

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso

Situación intermedia, coas altas presións retirándose progresivamente, pero deixando aínda estabilidade nesta xornada.

Deste xeito os ceos presentarán intervalos de nubes baixas no litoral de Pontevedra e no oeste da Coruña, quedando soamente con nubes de tipo alto no resto. As choivas iranse xeneralizando xa pola noite e na madrugada do sábado.

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán do sur-suroeste, fortes no litoral, moderados no interior durante o día pero aumentando a moi fortes pola noite no terzo norte.

meteogalicia

As choivas achéganse a Galicia este venres
Comentarios