Chupinazo a cargo de melenudos

Rosendo Mercado, junto a su bajista, durante su actuación en Muralla Rock. (Xesús Ponte/El Progreso)
photo_camera Rosendo Mercado, junto a su bajista, durante su actuación en Muralla Rock. (Xesús Ponte/El Progreso)

Melenas, coiro e, por suposto, canas e algunha calva foron onte os acenos de identidade do público da Muralla Rock, o festival de rock que deixou a cargo de míticos como Los Suaves, Rosendo, Costas e Tregua a tarefa de dar o chupinazo do San Froilán 2014. Non hai como dar ese traballo aos veteranos para que funcione.

É difícil que o rock falle e é máis difícil aínda que algo así suceda se os que o encarnan son, como estes grupos, a proba de bombas. O rock sen artificios de Rosendo, un tipo tranquilo e normal, que envelleceu sen resistirse pero sabendo como seguir sobre os escenarios entusiasmou como sempre.

Acompañado, como é habitual, por Rafa Vegas ao baixo e Mariano Montero, á batería, debullou cancións do seu pasado, que segue sendo presente e tamén do seu último traballo, nunha selección que convenceu, aínda que sempre hai algún que bota en falta algún tema polo que sente especial predilección. Foi cando Mercado se subiu ao escenario cando o Pazo de Feiras encheuse, xa que parte do público acudiu expresamente á hora á que estaba prevista a súa actuación.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios