Champivil aposta por potenciar o consumo de verza fóra de Galicia

Champivil apuesta por el producto local (Foto: M.M.)
photo_camera Champivil apuesta por el producto local (Foto: M.M.)

A promoción dos produtos autóctonos é o aceno de identidade da empresa vilalbesa Champivil, que exporta grelos e cogomelos en diversos formatos e a puntos moi remotos do planeta desde hai anos. A isto súmase agora a nova e potente aposta da firma chairega para esta campaña: converter á verza nun produto indispensable nas despensas e frigoríficos das casas de medio mundo.

Luz Divina Castelo, responsable da firma, quere pór en valor as virtudes dunha verdura que non é excesivamente típica fóra de Galicia. «A xente é bastante remisa a consumir a verza, polo menos ata que a proba, pero o que hai que ter en conta é que é un produto cunhas capacidades boísimas en canto a sabor e dureza, o que lle permite ser consumida en moitas e variadas receitas», asegura.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios