Chacón vería ''moi positivo'' que Madina se presentase ás primarias

A deputada socialista Carme Chacón considera "moi positivo" o suposto de que o secretario xeral do grupo socialista, Eduardo Madina, se presente a unhas primarias para optar ao liderado do PSOE.

"Iso teranllo que preguntar a el pero en calquera caso pareceume moi positivo", dixo Chacón aos xornalistas antes de entrar no pleno do Congreso e ao ser preguntada por esta posibilidade, da que hoxe se fan eco varios medios de comunicación.

Chacón, que no seu momento optou ao liderado do partido, insistiu, ante as preguntas dos xornalistas, que a idea lle parece moi positiva. "Creo que se me nota", engadiu, sorrindo aos informadores. Outros deputados socialistas referíronse tamén a esa posibilidade nos corredores do Congreso.

José María Barreda contestou ás preguntas dos informadores asegurando que "hai moitas persoas que serían bos secretarios xerais" do partido. "Chegar á conclusión contraria, sendo tantos miles de militantes, non tería ningún sentido", engadiu o ex presidente castelánmanchego, quen tamén subliñou que ten "unha gran confianza" en que "entre todos" os socialistas saberán arranxar o seu propio futuro.

O deputado Juan Moscoso recordou, pola súa banda, que a elección do novo secretario xeral do PSOE farase "cando toque, que será en 2014 ou 2015. Preguntado sobre se sabe se Madina tomou a decisión de postularse, Moscoso contestou que cre que non.

Comentarios