Cervantes esixe estudar o impacto do plan de protección do oso pardo

O Concello de Cervantes presentará á Xunta e ao Valedor do Pobo unha serie de alegacións contra o plan de recuperación do oso pardo, pois considera que prexudicará a actividade económica dos veciños. Pedirá, ademais, que se realice un estudo de impacto para ver as consecuencias do plan na economía dos Ancares.

As alegacións foron presentadas polo grupo de goberno, do PSOE, e sosteñen que o plan de protección do oso provocará cambios importantes na actividade forestal, o uso de vías de comunicación, a caza, a apicultura ou incluso as actividades de roza.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios