Preto de 400 veciños do Incio acceden a toda a oferta de TDT desde hoxe

Ao redor de 400 persoas do municipio do Incio poderán acceder desde hoxe á oferta completa da Televisión Dixital Terrestre (TDT).

A Xunta de Galicia prevé pór hoxe en marcha os novos múltiplex de TDT no centro reemisor do Incio, o que permitirá ver todas as canles do novo sistema de televisión a catro centenares de persoas que ata agora tiñan problemas para sintonizarlos.

Desta forma, poderán acceder ás canles Catro, Canal + Dos, La Sexta 2, La Sexta 3, La Sexta HD, Boing, Telecinco HD, MTV, A 10, Nitro, Antena 3 HD, Marca TV e 13 TV.

A posta en funcionamento destes múltiplex no reemisor de televisión do Incio non só beneficiará a veciños deste concello, senón tamén a outros de concellos limítrofes que sintonizan o sinal de televisión desde este transmisor.

Receptor

Para poder ver as novas canles os beneficiados deberán facer unha procura no receptor da TDT. Pola súa banda, nas comunidades de veciños será necesario axustar a antena colectiva para asegurar a calidade da recepción. Para ver as canles que emiten en alta definición, os veciños deberán dispor ademais dun receptor con sintonizador de HDTV.

A instalación dos múltiplex forma parte do plan de homogeneización de coberturas da Administración autonómica co cal desde setembro e ata este mes porá en marcha 65 centros emisores con novos múltiplex.

Comentarios