viernes. 28.01.2022 |
El tiempo
viernes. 28.01.2022
El tiempo

Galicia vivirá unha xornada de ceos nubosos e precipitacións intermitentes

Galicia estará este domingo nun corredor de vento do noroeste, segundo Meteogalicia, cos ceos nubrados e precipitacións intermitentes.

O aviso laranxa seguirá para a costa de Lugo e A Coruña nas primeiras horas da mañá, pero as ondas irán descendendo ao longo o día. A cota de neve tamén irá ascendendo progresivamente, pero se mantén o aviso amarelo en zonas da montaña lucense e de Ourense, onde haberá vento moi forte.

O ceo estará parcialmente nubrado con precipitacións intermitentes, máis frecuentes na metade norte pola mañá e máis xeneralizadas pola tarde.

A cota de neve situarase nos 1.200 metros pola mañá e subindo progresivamente co avance da xornada.

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso na metade sur, quedando sen cambios no resto, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso.

O vento soprará do noroeste, moderado no interior, forte na costa e nas zonas altas.

Temperaturas mínimas e máximas previstas nas cidades:
A Coruña 10° 13°

Ferrol 9° 14°

Lugo 4° 10°

Ourense 5° 12°

Pontevedra 7° 13°

Santiago 6° 11º

Vigo 7° 13°

Galicia vivirá unha xornada de ceos nubosos e precipitacións...
comentarios