Ceos nubrados este mércores e choiva máis intensa nas últimas horas do día

As temperaturas continuarán sen cambios e haberá vento forte no litoral de Lugo
Previsión meteorológica para este miércoles en Galicia. METEOGALICIA
photo_camera Previsión meteorolóxica para este mércores en Galicia. METEOGALICIA

Este mércores Galicia permanecerá na influencia das baixas presións e con réxime de ventos do suroeste que traerán unha fronte fría co avance da tarde.

Espéranse ceos nubrados, con choivas máis frecuentes na metade oeste e de carácter máis ocasional no resto. Á noite as choivas iranse xeralizando e aumentarán en intensidade.

As temperaturas continuarán sen cambios, con lixeiros ascensos das máximas no terzo norte. En Lugo os termómetros oscilarán entre os 11 e os 14 graos.

Temperaturas previstas para este mércores nas cidades galegas. METEOGALICIA
Temperaturas previstas para este mércores nas cidades galegas. METEOGALICIA

O vento soprará moderado do suroeste, forte no litoral da Coruña e Lugo

Comentarios