sábado. 26.09.2020 |
El tiempo
sábado. 26.09.2020
El tiempo

Ceos nubrados en Galicia para este martes

Mapa do tempo para este martes. METEOGALICIA
Mapa do tempo para este martes. METEOGALICIA
As temperaturas ascenderán lixeiramente en toda a comunidade salvo nas Rías Baixas

O ceo presentará este martes en Galicia un aspecto nubrado na metade norte e intervalos de nubes altas na metade sur, con aumento de nubes de evolución ata quedar cuberto en toda a rexión.

Posibles brumas e bancos de néboa matinais no extremo oeste e no extremo norte. Choivas débiles no extremo norte durante a mañá, que se estenderán a partir do mediodía e serán máis frecuentes e intensas nas zonas de montaña da metade sur, con chuvascos e tormentas localmente fortes acompañadas de saraiba.

As temperaturas mínimas aumentarán lixeiramente nas Rías Baixas e sufrirán cambios lixeiros no resto de Galicia. As máximas, iso si, descenderán nas Rías Baixas e ascenderán lixeiramente no resto do territorio.

O vento soprará frouxo do norte e nordeste, máis intenso no litoral oeste.

Ceos nubrados en Galicia para este martes
comentarios