Ceos moi nubrados e choivas, este domingo

As temperaturas non sufrirán grandes cambios

Dos hombres pasean bajo la lluvia en A Coruña. CABALAR
photo_camera Os ceos estarán especialmente nubrados este domingo. CABALAR

Ceos moi nubrados, choivas e temperaturas sen cambios, son algunhas das notas do tempo previsto para o domingo polo instituto Meteogalicia. 

Sinala que unha fronte fría pouco activa afectará o norte de Galicia con vento de suroeste frouxo que podería ir rolando a norte.

As temperaturas continuarán sen cambios ou en lixeiro descenso para situarse nos seguintes valores:

  • A Coruña 11° 16°
  • Ferrol 11° 16°
  • Lugo 6° 15°
  • Ourense 8° 19°
  • Pontevedra 10° 17°
  • Vigo 11° 16°
  • Santiago de Compostela 10° 14°

Respecto ao mar, nas rías Baixas espérase vento do suroeste con forza 1 a 4, marexada, visibilidade mala e mar de fondo do noroeste, con ondas de 2,5 a 3,5 metros.

Comentarios