Ceo nubrado este sábado en Galicia, con precipitacións intermitentes

Mapas del tiempo para este sábado en Galicia. METEOGALICIA
photo_camera Mapas del tiempo para este sábado en Galicia. METEOGALICIA

Este sábado Galicia estará situación intermedia entre as altas presións situadas sobre Azores e unha borrasca no Mar do Norte. 

Deste xeito, o ceo, prognostica Meteogalicia, estará parcialmente nubrado con precipitacións intermitentes. 

A cota de neve situarase nos 1.200 metros ao final da xornada. 

As temperaturas mínimas ascenderán moderadamente, mentres que as máximas non terán cambios ou ben lixeiros ascensos. 

O vento soprará frouxo do noroeste, con intervalos fortes no norte da Coruña e de Lugo. 

Temperaturas

Comentarios