Céntricas zonas de Monforte estiveron sen iluminación de madrugada

A brigada municipal localizou pola mañá o problema nun cable cortado
La Rúa Roberto Baamonde, sin alumbrado público
photo_camera La Rúa Roberto Baamonde, sin alumbrado público

Dúas das máis céntricas arterias de Monforte, a Avenida de Galicia, entre o cruzamento coa Rúa Ourense e a intersección dos xulgados, e a Rúa Roberto Baamonde, entre a rotonda do Parque dos Condes e os xulgados, estiveron sen iluminación pública toda a noite e a madrugada do luns ao martes. Só funcionaron as luces dos semáforos e os carteis luminosos dos establecementos e, finalmente, na mañá deste martes a brigada encargada do mantemento eléctrico decatouse de que a orixe do problema estaba nun cable cortado.

Segundo explicou o concelleiro de servizos, José Luís Rodríguez Rivera, o cable que causou os problemas é exterior e está a unha altura considerable polo que o máis probable é que o rompese un camión que transitaba pola rúa.

Pero a avaría desatou as críticas dos veciños, tanto por estar sen luz como pola incerteza do ocorrido.

Comentarios