Cen anos do devir dun pobo

Carlos Tomé e Alfonso Blanco, co cadro dos alcaldes de Guitiriz do século XX (Foto: C. Pérez)
photo_camera Carlos Tomé e Alfonso Blanco, co cadro dos alcaldes de Guitiriz do século XX (Foto: C. Pérez)

Condensar cen anos de historia política, social e cultural de todo un municipio nun libro. Ese é o ambicioso obxectivo que se marcaron Carlos Tomé e Alfonso Blanco para darlle forma a unha obra que levará por título ‘Guitiriz: século XX’.

Longas xornadas de consultas descifrando as moitas veces inintelixibles escritos dos libros de actas -dos que moitos se perderon- ou moreas de conversas con avós e as avoas do municipio fan que estes dous investigadores leven moi avanzado un traballo ao que, porén, non ousan poñerlle data de remate. «Esperemos que este ano estea listo», din, optimistas, ao ver moito máis preto de materializarse unha idea que comezaron a argallar co cambio de século, pero que non poideron pór en práctica ata moitos anos despois, xuntando «ratos perdidos».

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios