En cifras

Catro festivais de Lugo reciben de Agadic máis de 60.000 euros en axudas

A maior partida -de case 42.000- lévaa o Resurrection Fest de Viveiro. A cantidade restante repártena o FIV de Vilalba, con máis de 7.500; o Festival de Jazz&Blues de Ribadeo, con máis de 6.500, e o Festival de Jazz en Lugo, con preto de 5.000
Un concierto del festival vivariense, en una edición anterior
photo_camera Un concierto del festival vivariense, en una edición anterior

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publicou este luns a adxudicación dun total de 210.000 euros a 12 festivais profesionais de música.

A Xunta explicou nun comunicado que se trata dos beneficiarios da convocatoria de subvencións dirixida a eventos celebrados en Galicia do 1 de novembro de 2014 ao 31 de outubro de 2015 e organizado tanto por empresas privadas como por colectivos asociados ou administracións locais.

Estas axudas manteñen as do exercicio pasado e o seu obxectivo é "contribuír consolidación do mapa galego de festivais, considerados estratéxicos para o desenvolvemento das industrias culturais da nosa Comunidade".


Comentarios