As Catedrais é a sexta mellor praia do mundo para a web Tripadvisor

Playa de As Catedrais (Foto: Antonio López)
photo_camera Playa de As Catedrais (Foto: Antonio López)

A páxina web dedicada a viaxes Tripadvisor acaba de publicar unha votación dos seus usuarios na que decretan que a praia das Catedrais é a sexta mellor de todo o mundo. A nivel europeo queda en segundo lugar, só por detrás de Isola dei Conigli de Sicilia, e en España ocupa o posto de cabeceira.

En base a esta votación concédense os premios Traveller's Choice e para concursar no mesmo votáronse un total de 276 areais de África, Asia, o Caribe, Centroamérica, Europa, Oriente Medio e Estados Unidos. Neste ranking hai outra praia galega nun posto destacado a nivel estatal, que é a da Lanzada, no Grove, que está en sétimo lugar.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios