Castro remite ao TSJCV as razóns polas que cre que debe ocuparse do caso de Camps e Barberá

O xuíz do caso Nóos, José Castro, remitiu hoxe ao Tribunal Superior de Xustiza da Comunitat Valenciana unha exposición razoada de 70 páxinas para apoiar a proposta de que este tribunal asuma a competencia no que se refire ao ex presidente Francisco Camps e a alcaldesa Rita Barberà.

Castro sinala que da investigación do caso Nóos despréndense "indicios racionais de que na cidade de Valencia tivera lugar unha serie de feitos de aparencia delituosa" nos que Camps e Barberá puideron ter "decisiva e imputable intervención", logo de terse inhibido o pasado mércores da instrución da causa na parte referida a Valencia e propor ao TSJ valenciano que asuma a competencia.

O maxistrado de Instrución número 3 de Palma non é competente para encausar a Camps e Barberà por ser ambos os aforados pola súa condición de deputados das Corts Valencianes.

Comentarios