A carreira de Viesgo á que acode Contador ten máis de 1.000 inscritos

É o quinto ano consecutivo que se celebra esta proba solidaria en Lugo
Alberto Corrador
photo_camera Alberto Corrador

Xa hai máis de 1.000 inscritos para participar mañá na Viesgo Night Race, unha proba solidaria que se celebra por quinto ano consecutivo en Lugo, que doa o recadado ao Banco de Alimentos.

Unha das novidades é a asistencia do ciclista Alberto Contador, que dará a saída da carreira, entregará as medallas aos gañadores e fará unha sesión de firmas o propio sábado entre as 17.45 e as 18.45 horas nunha carpa que se instalará á beira do fornelo da música, na Praza Maior.

A inscrición para a carreira nocturna pode realizarse ata última hora deste venres na web www.viesgonightrace.com e o sábado, a partir das 11.00 horas, nos soportais da casa consistorial, que é tamén onde se realizará a entrega dos dorsais e do equipamento aos participantes nesta proba competitiva.

Comentarios