Carlota confirma o abuso sexual en 'GH': "Foi grave, estaba inconsciente"

A concursante regresou á casa de Guadalix tras considerar acertada a decisión da organización de expulsar a José María
Carlota Prado
photo_camera Carlota Prado

Unha das semanas máis convulsas da historia de Gran Hermano resolveuse polo momento co regreso de Carlota Prado á casa, despois do presunto abuso sexual que sufriu por parte de José María, a súa parella en GH18, logo dunha festa na que a moza estaba baixo os efectos do alcol.


Carlota Prado expuxo a súa versión dos feitos antes de volver á mansión de Guadalix de la Sierra. "Moi ao meu pesar, estou de acordo coa decisión que tomou a organización de expulsar a José María", empezou dicindo a conscursante, antes de admitir que houbo abuso sexual: "Deuse un feito grave e desagradable contra a miña persoa estando inconsciente".

"Renunciei a continuar con calquera tipo de procedemento", finalizou a xa exparella de José María, confirmando que non presentou denuncia contra o concursante expulsado. De feito, xa transcendeu que a Garda Civil non investigará este turbio episodio.

Comentarios