Carlos Callón: ''O galego é a única lingua que perde falantes''

‘Como defender os teus dereitos lingüísticos’ é o libro que vén de presentar en Viveiro Carlos Callón, no que dá consellos ás persoas que se atopan con impedimentos para usar o galego en calquera ámbito.

 

unha das teimas de Carlos Callón é defender o uso do galego en calquera ámbito social e vencer os prexuízos que levan a moita xente a non usalo por consideralo unha lingua de segunda.

Que quixo abordar neste libro?

É un manual práctico, pódese dicir que de autoaxuda nalgún sentido, con consellos concretos sobre qué facer cando te atopas con problemas concretos para usar o galego, qué saídas podes ter. É un manual de cómo vivir en galego en Galicia, sen acabar con úlcera de estómago. Non só para poder usalo espontaneamente, senón cando vas á notaría, cando queres facer unha xestión no banco ou ca compañía telefónica; en tódolos ámbitos hai formas de poder garantir os nosos dereitos.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios