Caramelo dá o salto á rede e abre a súa primeira tenda online

A firma galega Caramelo estrea hoxe tenda electrónica na súa páxina web www.caramelo.com, coa que "dá un paso chave" na súa aposta de actualización e aspira a situarse "de novo como marca de referencia no mercado da moda española".

Nun comunicado, Caramelo explica que nesta tenda electrónica os seus produtos están dispoñibles as vinte e catro horas de todos os días do ano e envíanse directamente ao domicilio do cliente. Ademais, nela ofrece os mesmos produtos con idénticos prezos que nos seus establecementos físicos, coas mesmas condicións en cambios e devolucións.

A firma galega destaca que renovou o seu equipo de deseño e recuperado a calidade en cortes e tecidos que a fixeron famosa, e que levou a cabo tamén accións para mellorar o equilibrio entre a produción e a demanda do mercado.

Actualmente, Caramelo ten oito tendas propias entre outras localizacións en centros comerciais.

Comentarios