Capón rectifica tras a choiva de críticas de PSOE e BNG

Manuel González Capón. (Foto: AEP)
photo_camera Manuel González Capón. (Foto: AEP)

Manuel González Capón deu marcha atrás no día de onte e pediu desculpas polas súas polémicas palabras pronunciadas no último pleno municipal, e asegurou que as súas declaracións non reflicten o seu sentir. Esta rectificación chega tras un aluvión de críticas por parte de BNG e PSOE que esixen aos máximos representantes provinciais e autonómicos do PP que aclaren «se comparten unhas declaracións de tal gravidade contra as vítimas das mortes franquistas», tal e como indicou Xosé Manuel Becerra, concelleiro do BNG en Baralla.

Capón quixo aclarar publicamente o seu rexeitamento a calquera tipo de réxime totalitario e reafirmouse na súa idea de que as súas palabras «son froito dunha discusión dentro do contexto político coa oposición». O alcalde de Baralla resaltou que «en ningún momento quería ofender a ninguén», e sinalou que se arrepinte» do dano que puido crear a todas aquelas vítimas, directas ou indirectas, do franquismo,

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios